Saltar al contenido

Cada ano polo mes de xullo chega un peregrino moi especial á vila de Negreira. É un home pequeneiro e regordete, cun ton encarnado nas meixelas producido pola degustación de viño, que fai en cada taberna que encontra no Camiño, o cal sempre fai disfrazado.

Foi alá polo ano 2000 cando chegou peregrinando por primeira vez á vila. Unha chegada accidentada por un traspés fixo que baixase a costa da Chancela a rolos. ¡Tremendo castañazo!.

O golpe acabou por rematalo. Foi erguerse e divisar ao lonxe unha muller fermosa que, atónita coa situación, quedou petrificada mirando cara él.

Decidido foise a conquistala. Eran uns poucos metros os que os separaban, pero a traxectoria de tan tremendo animal non ía recta.

Por fin se plantou diante dela, sacou o sombreiro de capitán que traía como disfraz e declaroulle o seu amor. A cara de ela era un poema. Alí estaba, petrificada e rodeada por dúas vacas, aguantando cánticos e poemas berreados polo Cristobaliño.

O pobre nunca obtivo resposta, pero, como a esperanza é o último que se perde, ano tras ano plántase diante dela declarándolle o seu amor con bailes, cánticos e disfraces.

O pobo ao velo foise unindo por compaixón e cada ano é maior o número de xente disfrazada, que canta e baila para que o Cristobaliño sexa correspondido pola Dona da Fonte das Vacas.

¡Viva o Cristobaliño!